Ademais da observación, a predición das variables meteorolóxicas, hidrodinámicas e de ondas é unha tarefa fundamental tanto para coñecer o estado futuro da mar como para facer un diagnóstico do comportamento pasado da mesma.
Actualmente mantense un sistema de predición numérica que executa diariamente unha serie de modelos coas seguintes características:
A frecuencia con que se executa estes modelos é diaria e ata dúas veces ao día no caso dos modelos atmosféricos
Todas as observacións anteriores axudan á validación dos modelos dos que dispón o Observatorio e permiten unha predición das condicións océano meteorolóxicas de alta precisión.
Predición diaria de nivel do mar, as correntes, a salinidade e a temperatura
160
MODELOS HIDRODINÁMICOS
Predición 2 veces ao día
da temperatura, vento, presión, precipitación...
15 000
MODELOS ATMOSFÉRICOS
Predición de altura significativa, período e dirección da ondada
+ 50 000
MODELOS DE ONDAXE
Ademais destes modelos que se executan diariamente, o Observatorio ten a capacidade de facer simulación baixo demanda cando é necesario, sexa para un estudio pormenorizado, sexa por mor dunha emerxencia.
Estes modelos baixo demanda poden ser:
Neste particular, destaca o Plan Camgal, que conta cun sistema de predición rápida a través do servidor Aquasafe.
Ademais proximamente incorporarase un modelo bioxeoquímico, actualmente en fase de validación antes de operacionalizarse.