A observación da dinámica costeira faise imprescindible para levar a cabo unha ordenación integrada e un desenvolvemento sostible das zonas costeiras, un aproveitamento sostible dos seus recursos e unha protección do medio mariño e os seus hábitats, diversos e produtivos, necesarios para facer fronte ás principais incertezas derivadas do cambio climático.
Co fin de ter un mellor coñecemento da franxa costeira, a Xunta de Galicia a través de distintos departamentos ven tomando medidas das variables ambientais que axudaron dende hai máis de trinta anos á xestión dos recursos e hábitats costeiros.
Estas infraestructuras recollen medidas en continuo de temperatura da auga, salinidade, correntes e meteoroloxía: temperatura, vento e humidade, as cales son transmitidas e distribuidas en tempo real.
Actualmento o Observatorio conta coas seguintes estacións:
Baseado no efecto doppler, é capaz de xerar mapas de correntes superficiais a distancia. Desde 2012 prodúcense mapas de correntes ata 100 millas: Cobren o dispositivo de separación de tráfico de Fisterra polo que pasan anualmente máis de 40.000 buques e é polo tanto útil para o seguimento de sentinazos.
Para crear estes mapas de correntes , precísase polo menos de dúas antenas. En colaboración con Puertos del Estado e o Instituto Hidrográfico de Portugal, combínanse cinco antenas para crear un só mapa que cobre toda a costa occidental de Galicia
Composta por 43 estacións nas Rías Baixas e no Golfo Ártabro onde, semanalmente, se obteñen perfís verticais dende a superficie ata o fondo de temperatura, salinidade, condutividade, osíxeno, fluorescencia, pH, transmitancia, irradiancia e densidade.
Os datos dan conta da dinámica das rías, contribuíndo a detectar proliferacións de microalgas tóxicas.
Esta rede existe desde 1992: con máis de 50.000 perfís, no 2022 cumprirá 30 anos, sendo unha das series máis longas do mundo.
Das 160 estacións da Rede Galega Meteorolóxica, máis do 25% están propiamente na costa. Estas estacións recollen medidas de vento, temperatura, humidade, precipitación, presión e radiación, transmitindo estes datos en tempo real. Esta información é necesaria para calquera diagnóstico do estado da mar